12 de out. de 2020

eL CaMinO De piEFcitos

 

                                        eL caMiNo De piEFcitos 

    Este ano os cursos de 5º e 6º unímonos ao proxecto eL CaMiNo De piEFcitos co fin de fomentar hábitos de vida saudable manténdonos tod@s moi activos e indo incorporando novas rutinas á nosa vida coa idea de mellorar a nosa saúde, agora máis que nunca, nos tempos de pandemia que vivimos.


    Trátase dun proxecto anual que co fin de acadar kilómetros simbólicos coa práctica de actividade física, da alimentación saudable, da lectura e do desenvolvemento sostible (a través de accións para mellorar o medio ambiente como poden ser a eliminación dos residuos da nosa contorna ou a reciclaxe), levaranos a percorrer todas e cada unha das provincias nas que se divide a xeografía española incluíndo os arquipélagos e as dúas cidades autónomas que a completan.


    Neste vídeo Juan José Domínguez, docente de Valencia, explica o proxecto en menos de dous minutos:

 

premer aquí


Sumaremos kilómetros con:


ALMORZOS SAUDABLES: froitas, froitos secos, bocadillos, lácteos, auga.

    Para o coidado do medio ambiente é fundamental acadar o obxectivoRESIDUOS CERO”, polo que traeremos os almorzos en recipientes reutilizables (tuppers, bolsas de tea, botellas reutilizables), evitando o papel de aluminio, o film de plástico ou as bolsas de plástico.

ACTIVIDADE FÍSICA: libre, dirixida ou en familia.


LECTURA: cada vez que rematemos de ler un libro ou realizemos ou participemos nalgunha actividade cultural.


RECICLAXE: de calquera tipo de material: plástico, papel, tapóns, vidro, menciñas, aceite usado,...


    Cada alumno levará un rexistro semanal dos seus kilómetros recorridos nunha ficha persoal.


    Os kilómetros acadados por todos os alumn@s do mesmo curso sumaranse para calcular o total dos kilómetros semanais ou mensuais da aula que nos permitirá ir avanzando dende Pontevedra (de onde saímos) ata a illa de El Hierro (onde temos a chegada). Ao longo do camiño, iremos descubrindo diferentes curiosidades dos recunchos nos que se divide España, traballaremos actividades relacionadas cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) marcados para o ano 2030 e por último, ao ser un ano olímpico, coñeceremos moitos aspectos relacionados coa historia do Xogos Olímpicos da Era Moderna, así como as probas dos Xogos Paralímpicos descubrindo a diferentes deportistas que foron lendas por cambiar as regras nas súas disciplinas deportivas e coñeceremos a vari@s deportistas olimpic@s e paralímpicos que nos representarán durante os Xogos de Tokyo 2021.

 

    Por último, cada grupo de camiñantes terá o seu propio pasaporte dixital, no que poderá ir vendo os avances segundo os kilómetros que vaian acadando. Deste xeito, estarán ao corrente das “provincialas” ou selos que van conseguindo ao pasar polos diferentes colexios que participan no proxecto, así como dos cromos olímpicos que van adquirindo co paso polas distintas provincias.

    Agora coa información dada o único que precisamos son ganas e ilusión para recorrer todo o mapa, conseguir todas as “provincialas”, insignias e cromos e demostrar que estamos dispost@s a cambiar os nosos hábitos e mellorar a nosa saúde.